Galicia comparte o seu coñecemento sobre a contaminación por microplásticos no medio mariño nun encontro internacional de expertos nesta materia
Xunta de Galicia - Dom, 01/17/2021 - 13:15
Persoal do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) participou esta semana no evento ‘Microplásticos no Medio Ambiente: Impactos nos ecosistemas e na saúde humana’, organizado pola Universidade das Illas Baleares e que se celebrou de xeito telemático
O ente dependente da Consellería do Mar expuxo o seu labor nas unidades de organoclorados e hidrocarburos para monitorizar a contaminación mariña nas augas costeiras de Galicia